Metadatos

Voltar

Título

El socialismo no es una utopía: es una ilusión


Referencias editoriais e descrición física

Autor: Xabier Vila- Coia

Editorial: Lapinga Ediciones

1ª edición: outubro do 2006

Lugar de edición: Madrid

Formato: 23 cm × 30,5 cm

Lombo: 3,2 cm

Peso: 2075 g

Número de páxinas: 344, a toda cor

Papel dos interiores: Aconda branco semimate de 150 g/m2

Tipografía do texto común dos interiores: Arial 12,5 pt

Acabado da cuberta: laminado brillo

Técnica de impresión: offset

Encadernación: tapa dura ao cromo, cosido con fío vexetal, con lombo cadrado e cabezadas

Materia: Antropoloxía social e política de Cuba/Socialismo obras ilustradas/Socialismo-Cuba

Idioma: Español

ISBN: 978-84-934985-0-4

EAN: 9788493498504

PVP: 40 €

El socialismo no es una utopía: es una ilusión é un libro de contido político, social e antropolóxico composto por fotografías realizadas mediante a técnica propia da antropoloxía visual, que plasma dende unha perspectiva creativa e singular a realidade e a vida cotiá na República de Cuba. As imaxes que o compoñen foron tomadas entre o mes de outubro de 2002 e o de maio de 2004, período no que o autor residiu na illa para levar a cabo unha investigación na Universidade da Habana.

Na selección das imaxes seguiuse un criterio meramente descritivo, sen nesgos positivos nin negativos, do sistema político, económico, social e cultural cubano. Non obstante, para que o lector poida establecer a súa propia comparación, ao final do volume incorpóranse varias fotografías tomadas en países capitalistas, concretamente en Bos Aires (Arxentina) e Toulouse (Francia). En canto aos capítulos, o libro constitúe unha unidade visual e argumental e en ningún momento crébase a súa continuidade discursiva; con todo, é fácil identificar subunidades temáticas cuxo inicio vén marcado por ilustracións especialmente significativas en relación con cada tema particular.

Esta obra está destinada ao público amante do saber e da arte pois a súa intención é ensinar a través de imaxes estimulantes e esteticamente atractivas na súa concepción e realización. No ano 2007 foi nomeada ao Premio Nacional de Fotografía polo coordinador xeral do «Festival Internacional de Fotografía y Artes Visuales PHotoEspaña», Javier Martín Jiménez.

Co falecemento de Fidel Castro en novembro de 2016, El socialismo no es una utopía: es una ilusión converteuse nun valioso testemuño visual das características sociais e políticas do peculiar réxime por el instaurado en xaneiro do ano 1959.


Solicitude de exemplares

lapinga.ediciones@gmail.com




© Xabier Vila-Coia - 2021 · Contacto