8 de marzo: Día Internacional da Muller (sen ganas)
Enviado por adm a Ven, 08/03/2019 - 10:41Os tempos que corren... de tanto que corren, atropélannos. Cada vez realízanse enquisas do máis insospeitadas. Hai varias semanas publicouse unha na que se afirmaba que un terzo das mulleres novas catalás accedían a ter sexo sen desexalo. Ante o cal, medios de comunicación e xornalistas puxeron o grito no ceo mentres os responsábeis da «investigación» apresuráronse a esixir unha materia que inculque a sexualidade tal e como eles concíbena. Como é habitual, aos homes non se lles fixo ningunha pregunta de ningunha clase, motivo polo que non sabemos o que pensan a este respecto nin a outros respectos.