15M décimo aniversario: 2011-2021

Voltar

COMUNICADO DE PRENSA

Conmemoración do décimo aniversario do 15M
 

Xabier Vila-Coia publica novo libro: 15M décimo aniversario: 2011-2021.

Unida a La ciudad universitaria de Madrid: memoria política histórica y reciente en el discurso mural (2017) e a Grafitis, carteles, pegatinas, stencils y collages en la Facultad de Ciencias Políticas y Sociología de la Universidad Complutense (1988-1989/2018-2019): del postfranquismo al metapodemismo (2019), a presente obra do autor galego conclúe a súa triloxía sobre as expresións ideolóxicas e artísticas nas paredes, beirarrúas, farois, papeleiras e outros soportes das rúas da capital e dunha das súas institucións máis prestixiosas: a Universidade Complutense de Madrid.

En conxunto, estes tres traballos poñen de manifesto as preocupacións, as inquietudes, as reflexións e a creatividade da xente común, sobre todo dos mozos, así como os conflitos que aínda perviven na sociedade española e confróntana.

O domingo 15 de maio de 2011 celebráronse en toda España manifestacións reivindicativas nas que, por riba de todo, protestouse contra os recortes sociais e en educación, pero tamén contra a corrupción política e o bipartidismo do Partido Popular e do Partido Socialista Obreiro Español.

Na cidade de Madrid unha parte dos manifestantes acamparon na Porta do Sol, de onde foron desaloxados pola Policía Nacional na madrugada do luns 16. O martes 17 levouse a cabo outra concentración na mesma praza e algúns dos asistentes volveron acampar nela. Nos días sucesivos uníronse novos integrantes a esta acampada, a máis relevante de todo o Estado.

Estes acontecementos deron lugar ao nacemento dun movemento social especialmente dinámico coñecido como «Movemento 15 M», o cal, á súa vez, foi a orixe do partido político «Podemos».

15M décimo aniversario: 2011-2021, rememora e conmemora, en sesenta e sete fotografías, aquela data, á vez que mostra as reunións masivas, as asembleas populares abertas e as estruturas de autogoberno (principalmente no ámbito da cultura, a agricultura, a alimentación e a sanidade) que xurdiron no seo do «Acampada Sol» e que a mantiveron en permanente actividade até a súa disolución no mes de xuño dese ano 2011.

As persoas interesadas nestes temas poden obter máis información na páxina web do libro, á que se accede entrando na seguinte ligazón:

http://www.vila-coia.com/gl/libros-individuais/15M-decimo-aniversario

Para calquera aclaración, resolución de dúbidas e solicitude de exemplares recoméndase dirixirse á dirección de correo electrónico: lapinga.ediciones@gmail.com

 

 

 




© Xabier Vila-Coia - 2021 · Contacto