Título
El Hombre Masa y la Mujer Panadera
Referencias editoriais e descrición física
Autor: Xabier Vila-Coia
Editorial: Lapinga Ediciones
1.ª edición: novembro do 2004
Lugar de edición: Madrid
Formato: 17 cm × 23 cm
Lombo: 2,5 cm
Peso: 990 g
Número de páxinas: 408, con ilustracións en branco e negro e a cor.
Papel dos interiores: Cromomat branco de 115 g/ m2
Tipografía do texto común dos interiores: Book Antiga 12 pt
Técnica de impresión: offset
Encadernación: rústica, cosido con fío vexetal, e con lapelas.
Materia: Poesía visual/Escritura experimental
Idioma: Español
ISBN 10 (impreso no libro): 84-609-2564-1
ISBN 13: 978-84-609-2564-4
PVP: 20 €
Sinopse
El Hombre Masa y la Mujer Panadera é un libro atípico nos seus contidos e na forma de expresalos; sendo precisamente en ditas características onde reside o seu interese e intención.
Iníciase cos tradicionais —en canto á forma— AGRADECEMENTOS, seguidos duns PROLEGÓMENOS nos que, nun breve ensaio e utilizando unha técnica de investigación social que vai máis alá da mera observación pasiva ou participante, o autor fai unha orixinal crítica de feitos e realidades que están de actualidade, transcendendo na análise o mero interese partidista e de xénero.
A continuación, o libro estrutúrase nuns capítulos non especificados pero que o lector coñecedor e atento poderá identificar con facilidade. Cada capítulo está constituído por aforismos e poemas tradicionais e visuais, cuxa temática abarca dende a guerra do Kosovo e o conflito Palestino-Israelí até a biolencia e o amor entre os xéneros, pasando polas consecuencias políticas e sociais para o individuo dos atentados do 11 de setembro do 2001 e o 11 de marzo do 2004.
Entre os textos se intercalan ilustracións e imaxes en cor que contribúen a dar a forza e a expresividade que os significantes literarios precisan para ser aprehendidos por quen manifeste inquietude no seu coñecemento e comprensión.
Esta obra foi seleccionada polo Museo de Arte Contemporánea de Barcelona (M.A.C.B.A.) para a exposición «Desacuerdos. Sobre arte, políticas y esfera pública en el Estado español», que tivo lugar entre o 3 de marzo e o 29 de maio de 2005.
Solicitude de exemplares