Título
La Ciudad Universitaria de Madrid: memoria política histórica y reciente en el discurso mural
Referencias editoriais e descrición física
Autor: Xabier Vila-Coia
Editorial: Lapinga Ediciones
1.ª edición, xaneiro do 2017
Lugar de edición: Madrid
Formato: 26 cm × 18 cm (formato apaisado)
Lombo: 1,1 cm
Peso: 515 g
Número de páxinas: 136 (a cor)
Papel dos interiores: Creator volume de 150 g/m2. Fabricante: Torraspapel
Papel da cuberta: cartolina estucada Invercote Creato mate de 300 g/ m2. Fabricante: Torraspapel
Acabado da cuberta: laminado mate anti-sckrast
Tipografía do texto común dos interiores: Arial 20 pt, 16 pt, 12 pt, 11,6 pt
Técnica de impresión dos interiores: offset dixital
Técnica de impresión da cuberta: offset
Encadernación: rústica
Materia: Fotografía/Graffiti/Socioloxía política/Socioloxía da educación/Corrupción política e económica
Idioma: Español
ISBN: 978-84-934985-9-7
EAN: 9788493498597
PVP: 300 €
Sinopse
Este libro é un ensaio fotográfico que recolle o discurso político mural na Cidade Universitaria de Madrid ( CUM) entre finais do ano 2010 e principios do 2015, tanto no interior das facultades como na vía pública. A mirada que observa é a do politólogo e a do creador, que identifica nesta clase de mensaxes os conflitos ideolóxicos e sociais vixentes, e o seu vínculo con conflitos pasados pero non resoltos.
A intención da obra é levar a cabo unha recompilación de documentación histórica cuxo soporte non son follas de papel, nin discos duros de computador, senón muros, beirarrúas, farois, papeleiras e un sen número de obxectos, en ocasións insospeitados, nos que os estudantes da Universidade Complutense establecen de forma anónima un diálogo mural destrutivo-construtivo que os enfronta, e con todo, tamén os enriquece. Sen dúbida, trátase dun labor de (re)creación relevante posto que conforma a memoria política das ideas, inquietudes e reivindicacións dos xoves universitarios de comezos do século XXI.
La Ciudad Universitaria de Madrid: memoria política histórica y reciente en el discurso mural conmemora o 90.º aniversario da creación da CUM polo rei Alfonso XIII, o 17 de maio de 1927.
Índice de contido
Capítulo 1: Memoria política da II República, a guerra civil e a posguerra.
Capítulo 2: Memoria e acción política revolucionarias.
Capítulo 3: Loita de xéneros.
Capítulo 4: Defensa da educación pública e do estudo.
Solicitude de exemplares