Título
Grafitis, carteles, pegatinas, stencils y collages en la Facultad de Ciencias Políticas y Sociología de la Universidad Complutense (1988-1989/2018-2019): del postfranquismo al metapodemismo
Referencias editoriais e descrición física
Autor: Xabier Vila- Coia
Editorial: Lapinga Edicións
Data de publicación: 27 de setembro do 2019
Tirada: edición limitada de 90 exemplares, numerados na páxina de créditos
Lugar de edición: Madrid
Formato: 27 cm × 20 cm (formato apaisado)
Lombo: 3,2 cm
Peso: 1,830 kg
Número de páxinas: 400 (a cor)
Papel dos interiores: estucado mate de 150 g/m2
Papel da cuberta: estucado mate de 170 g/m2
Acabado da cuberta: laminado mate anti-scratch
Tipografía do texto común dos interiores: Ebrima 11,2 pt
Tipografía dos pés de foto: Gadugi 9,3 pt
Técnica de impresión dos interiores: offset dixital
Técnica de impresión da cuberta: offset
Encadernación: capa dura ao cromo cosido con fío vexetal, con lombo cadrado e cabezadas
Materia: Fotografía/ Graffiti/Colaxe/ Postgraffiti/Arte Urbana/ Street Art/ Anarquismo/Marxismo/Feminismo/Memoria histórica/Historia das ideas políticas/Ideoloxías políticas/Socioloxía política
Idioma: Español
ISBN: 978-84-934985-8-0
EAN: 9788493498580
Depósito legal: M-22146-2021
PVP: 200 € (IVE incluído)
Sinopse
Esta obra mostra unha selección representativa dos graffitis, cartaces, adhesivos, «stencils» e colaxes realizadas polos estudantes da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid no período delimitado polos cursos académicos 1988-1989 e 2018-2019. Nela, o autor leva a cabo unha análise da evolución que tivo lugar nos soportes, as técnicas e os contidos desta clase de comunicación non institucionalizada, ademais de recoller a diversificación dos idiomas utilizados no transcurso do devandito período temporal; polo xeral en concordancia co momento político e artístico no que se produciu.
Nas fotografías que conforman o libro advírtese o devir ideolóxico dende o marxismo cara ao feminismo, amalgamado co liberalismo e o anarquismo; así como o xurdimento dun sincretismo entre a clásica pintada europea, caracterizada polo predominio do texto sobre a imaxe, e o máis recente graffiti americano («graffiti hip-hop»), no que prevalecen a cor e o deseño en detrimento das mensaxes concretas propias do noso discurso mural, xa foxen reivindicativos, humorísticos, sexuais, escatolóxicos ou filosóficos. Tamén non pasará desapercibida ao lector a substitución das mensaxes de apoio, máis ou menos explícito, á violencia política como medio para provocar a transformación radical da sociedade pola preocupación cara ao cambio climático, os malos tratos a os animais, e a produción e o consumo excesivos de plásticos.
O obxectivo principal da obra é recuperar a memoria histórica que as pintadas, os cartaces, os adhesivos e as demais formas creativas e alternativas de expresión dos estudantes recollen e exteriorizan nos seus textos, debuxos, colantes, fotografías... Outro obxectivo importante é mostrar o discorrer cotiá da facultade debido a que este singular centro de estudos é un dos que máis personaxes relevantes deu á sociedade civil e política española.
Debido ao seu interese cultural, artístico e histórico foi seleccionada polo Comité Científico do «International Congress on Arts and Cultures», que se celebrou os días 28 e 29 de novembro de 2019 na facultade de Ciencias da Información da UCM.
Grafitis, carteles, pegatinas, stencils y collages en la Facultad de Ciencias Políticas y Sociología de la Universidad Complutense (1988-1989/2018-2019): del postfranquismo al metapodemismo conmemora o trixésimo aniversario do traslado deste significativo centro de estudos dende a Cidade Universitaria de Madrid ao campus de Somosaguas, situado no municipio de Pozuelo de Alarcón.
Índice de contido
Introdución
Exteriores
Cafetería
Baños
Aulas
Corredores
Epílogo
Bibliografía
Colofón
Solicitude de exemplares