Metadatos

Voltar

Título

Diario no velado de La Habana


Referencias editoriais e descrición física

Autor: Xabier Vila- Coia

Editorial: Lapinga Ediciones

1ª edición: xuño do 2008

Lugar de edición: Madrid

Formato: 16,5 cm × 24,5 cm

Lombo: 4 cm

Peso: 1170 g

Número de páxinas: 616, con ilustracións en branco e negro e cor

Papel dos interiores: Print Speed, cor ósea, de 80 g/m2

Tipografía do texto común dos interiores: Palatino Linotype 11 pt

Tipo de impresión: offset

Encadernación: tapa dura ao cromo, cosido con fío vexetal, con lombo redondo e cabezadas, gardas impresas e sobrecuberta

Materia: Condicións políticas e sociais de Cuba/Memorias, vivencias e recordos (Cuba)

Idioma: Español

ISBN: 978-84-934985-1-1

EAN: 9788493498511

PVP: 30 €


Sinopse

Despois do excelente libro de fotografía El socialismo no es una utopía: es una ilusión, nomeado polo coordinador xeral do «Festival Internacional de Fotografía y Artes Visuales PhotoEspaña» ao Premio Nacional de Fotografía 2007, Xabier Vila- Coia ofrécenos en Diario no velado de La Habana unha descrición non xa a través de imaxes, senón mediante unha prosa transparente e atrevida, da organización político-económica e da vida cotiá na República de Cuba.

O que aquí se narra ocorreu entre o 23 de outubro de 2002 e o 16 de xuño de 2003, e inclúe a análise de feitos tan importantes como as eleccións xerais a deputados da Asemblea Nacional de Poder Popular, o nomeamento do Presidente do Consello de Estado e de Ministros, o inicio da guerra de Iraq, e as detencións e fusilamentos da chamada «Primavera negra de 2003» coas consecuentes sancións diplomáticas da Unión Europea ao réxime dos irmáns Castro e o feche do Centro Cultural de España na Habana por parte das autoridades comunistas.

A política e o sexo, o capitalismo e o socialismo, o nacionalismo e o imperialismo, a necesidade e a virtude, o certo e o irreal..., van desfilando diante dos nosos ollos como unha catarata de acontecementos inimaxinábeis en Europa. Todo iso aderezado con imaxes descoñecidas e documentos inéditos dos inicios da Revolución que foi unha esperanza de futuro para millóns de persoas en todo o mundo.

Tras o falecemento do «Comandante en Xefe», Fidel Castro, en novembro de 2016, Diario no velado de La Habana converteuse nunha obra fundamental para comprender o porqué do seu mantemento no poder durante case cincuenta anos, así como a supervivencia do seu legado político e económico na actualidade.


Solicitude de exemplares

lapinga.ediciones@gmail.com




© Xabier Vila-Coia - 2021 · Contacto