Metadatos

Voltar

Título

Biotecnología, bioética, tanatoética, tanatoestética, nuevos derechos humanos y Constitución


Referencias editoriais e descrición física

Autor: Xabier Vila-Coia

Editorial: Lapinga Ediciones

1.ª edición: marzo do 2006

Lugar de edición: Madrid

Formato: 14,5 cm × 22 cm

Lombo: 1,2 cm

Peso: 275 g

Número de páxinas: 128, con ilustracións a cor

Papel dos interiores: Gardapat , cor ósea, de 115 g/m2

Tipografía do texto común dos interiores: Palatino Linotype 11 pt

Técnica de impresión: offset

Encadernación: rústica cosido con fío vexetal e con lapelas

Materia: Ética/ Bioética/ Tanatoética/ Tanatoestética/Filosofía moral/Dereitos humanos

Idioma: Español

ISBN 10 (impreso no libro): 84-609-9424-4

ISBN 13: 978-84-934985-3-5

EAN: 9788493498535

PVP: 15 €


Sinopse

Esta obra é unha análise histórico-xurídica moi rigoroso sobre o alcance do concepto e a fundamentación dos Dereitos Humanos, tomando en consideración os máis recentes descubrimentos sobre a estrutura e a fisioloxía do xenoma da nosa especie, que abren a porta a posibilidades até hai pouco impensábeis como a clonación persoal ou a prolongación ilimitada da vida; dando así pé a novas demandas dos cidadáns aos poderes públicos en forma de petición de recoñecemento de dereitos subxectivos que aspiran ao status xurídico de Dereitos Fundamentais.

Partindo da clasificación de Macpherson dos Dereitos Fundamentais en tres categorías: Liberdades e Dereitos cívicos, Dereitos políticos e Dereitos económicos e sociais; e apoiándose na súa experiencia profesional e na súa formación científica e humanística, Xabier Vila- Coia engade unha cuarta categoría: os Dereitos biolóxicos (así chamados por estar directamente relacionados coa vida, a morte e o corpo das persoas), que considera integrada por tres dereitos, ao seu entender, tamén Fundamentais: O Dereito a ser clonado; o Dereito a decidir a propia morte, e o Dereito á integridade e á dignidade do propio corpo morto.

Estes dereitos (verdadeiros Novos Dereitos Humanos) son minuciosamente desenvoltos nos capítulos centrais do libro baixo o enfoque non só racional-legal, senón tamén á luz das implicacións médicas, sociais, económicas, legais e éticas da denominadas «revolución informática» e «revolución biotecnolóxica».

No último capítulo, o autor consegue integrar e ancorar de forma convincente os Novos Dereitos Humanos no texto da Constitución española de 1978, a partir da distinción entre dereitos-núcleo e dereitos derivados establecida por Raz, Javier de Lucas e Ernesto Vidal.
 

Solicitude de exemplares

lapinga.ediciones@gmail.com




© Xabier Vila-Coia - 2021 · Contacto