Metadatos

Volver

Título 

Os Medos:1990-2015


Referencias editoriais e descrición física

Autor: Xabier Vila-Coia

Editorial: Lapinga Ediciones

1.ª edición: maio de 2015

Lugar de edición: Madride

Formato: 17 cm × 23 cm

Lombo: 1,4 cm

Peso: 380 g

Número de páxinas: 114

Papel das tripas: couché semimate Creator Volume de 150 g/m2

Papel da capa: couché semimate Creator Silk de 300 g/m2

Acabado da capa: laminado mate

Técnica de impresión: ófset dixital (catro cores)

Encadernación: rústica, fresado

Materia: Arte/Fotografía/Antropoloxía Visual Experimental

Idioma: Galego

ISBN: 978-84-934985-6-6

EAN: 9788493498566

PVP: 20 €
 

Sinopse

Os Medos é un libro publicado ademais de en galego, en catalá, castelán e inglés. Nel o autor representa, mediante imaxes, os principais medos e inquedanzas que entende preocupan ao ser humano: uns persoais, outros culturais e, talvez, algún universal. A intención é propoñer ao lector ollar e sentir o que quizais preferiría esquecer ou ignorar; e incitalo a reflexionar. Para tratar de conseguilo, Xabier Vila-Coia proxecta a  mirada dende o punto de vista da antropoloxía cultural e non dende o do poder político, o cal xera medos con significados e fins moi diferentes dos aquí amosados. Porén, pola súa creatividade, a obra debe inscribirse no ámbito da Antropoloxía Visual Experimental.

O discurso visual xira ao redor do medo á morte, simbolizado nunha caveira obtida dun osario común e pertencente a un individuo anónimo. É precisamente o medo ao anonimato o principal temor que produce no ser humano a certeza de morrer, e o que fai que o medo á morte sexa, acaso, o único de alcance universal xa que supón a desaparición física definitiva da persoa, o seu tránsito do ser ao non-ser, do eu ao non-eu, do todo á nada.

Alén do medo á morte as imaxes representan outros medos de menor alcance temporal, aos que poderíamos denominar «medos de época». Porque cada época histórica orixina os seus temores particulares, como orixina tamén os seus ídolos. Algúns destes medos son idiosincráticos, mentres que outros transcenden a cultura propia a causa da globalización e internacionalización dos intercambios e as comunicacións. Un exemplo paradigmático deste tipo de medos de época sería o medo á sida, xurdido e propagado nas décadas de 1980 e 1990 pero que inda pervive na actualidade. Outro relevante «medo de época» recollido na obra, aínda que non só da nosa época, é o medo á independencia.

A pesares do expresado nestas vinte cinco imaxes, a mensaxe é moi diferente do que lle podería parecer ao observador superficial. En efecto, a pretensión de Xabier Vila-Coia non é senón salientar unha actitude vitalista que xa é posíbel identificar nunha das máximas do seu libro 213 Aforistmos para el siglo veintiuno (2010): Non permitas que a morte te mate antes de morrer.


Solicitude de exemplares

lapinga.ediciones@gmail.com




© Xabier Vila-Coia - 2021 · Contacto