Título
15M décimo aniversario: 2011-2021
Referencias editoriais e descrición física
Autor: Xabier Vila- Coia
Editorial: Lapinga Edicións
Data de publicación: 23 de abril do 2021
Lugar de edición: Madrid
Formato: 21,5 cm × 16 cm (formato apaisado)
Lombo: 1,2 cm
Peso: 404 g
Número de páxinas: 146 (a cor)
Papel da cuberta: cartolina estucada Invercote Creato mate de 300 g/ m2
Acabado da cuberta: plastificado mate anti- scratch
Técnica de impresión da cuberta: ófset
Tipografía da cuberta: Cabin Sketch
Papel dos interiores: Creator volume de 150 g/ m2
Técnica de impresión dos interiores: ófset dixital
Tipografía dos interiores: Cabin Sketch, Eras Medium ITC e Eras Demi ITC
Encadernación: rústica, fresada
Materia: Movemento 15 M/Movementos sociais/Memoria histórica/Fotografía/ Grafiti
Idioma: Español/Inglés/Francés
ISBN: 978-84-948062-8-5
EAN: 9788494806285
DL: M-9478-2021
PVP: 25 € (IVE incluído)
Sinopse:
O domingo 15 de maio de 2011 celebráronse en toda España manifestacións reivindicativas nas que, por riba de todo, protestouse contra os recortes sociais e en educación, pero tamén contra a corrupción política e o bipartidismo do Partido Popular e do Partido Socialista Obreiro Español.
Na cidade de Madrid unha parte dos manifestantes acamparon na Porta do Sol, de onde foron desaloxados pola Policía Nacional na madrugada do luns 16. O martes 17 levouse a cabo outra concentración na mesma praza e algúns dos asistentes volveron acampar nela. Nos días sucesivos uníronse novos integrantes a esta acampada, a máis relevante de todo o Estado.
Estes acontecementos deron lugar ao nacemento dun movemento social especialmente dinámico coñecido como «Movemento 15 M», o cal, á súa vez, foi a orixe do partido político «Podemos».
15M décimo aniversario: 2011-2021, rememora e conmemora, en sesenta e sete fotografas, aquela data, á vez que mostra as reunións masivas, as asembleas populares abertas e as estruturas de autogoberno (principalmente no ámbito da cultura, a agricultura, a alimentación e a sanidade) que xurdiron no seo do Acampada Sol e que a mantiveron en permanente actividade até a súa disolución no mes de xuño dese ano 2011.
Solicitude de exemplares: