Biografía

Fotografía del autor Xabier Vila-Coia

Xabier Vila-Coia (Coia, Vigo), é licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid (1989-1994), carreira na que foi Premio Nacional de terminación de estudos universitarios. Cursou os estudos de doutoramento en Antropoloxía Social (1994-1996), nun Programa sobre a construción das identidades socioculturais e de xénero. Durante o seu desenvolvemento, e dentro do campo específico da antropoloxía visual, levou a cabo varios traballos que condicionarían a súa posterior evolución como investigador e creador, entre os que cómpre salientar “Os medos” e “Sobre a alegría: o carnaval de Porto Seguro (Baía-Brasil)”. Con posterioridade, no ano académico 1999-2000, realizou o “Curso de especialización en derecho constitucional y ciencia política” do “Centro de Estudios Políticos y Constitucionales” de Madrid (CEPC), que superou cunha Memoria final de investigación titulada Biotecnología, bioética, nuevos dereitos humanos y Constitución.

Ao longo deste período de formación obtivo unha bolsa do Programa de Cooperación Interuniversitaria en América Latina para estudantes de pre e posgraduado, concedida polo “Instituto de Cooperación Iberoamericana” e a “Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo” (ICI-AECID), a cal desfrutou na Universidade Estadual Paulista (São Paulo-Brasil); e unha Bolsa de Formación de Persoal Investigador (FPI) da Comunidade de Madrid, que permitiulle realizar estancias de investigación na sede de Bos Aires da Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais (FLACSO-Arxentina) e na Universidade de Habana (Cuba). Estas estadías no estranxeiro o enriqueceron e marcaron de xeito importante, tanto no plano académico como no profesional e persoal.

VILA-COIA con...


Vila-Coia con...

A Infanta Cristina de Borbón, durante o acto de Graduación Universitaria 1993-1994. Paraninfo da Universidade Complutense de Madride (UCM) na rúa San Bernardo. Madride, 18 de xaneiro de 1995.


Vila-Coia con...

A académica da Historia e da Lingua, Carmen Iglesias, e o rector da Universidade Complutense, Gustavo Villapalos, no acto de Graduación Universitaria 1993-1994. Paraninfo da UCM na rúa San Bernardo. Madride, 18 de xaneiro de 1995.

Inicio